jueves, 29 de marzo de 2018

Eu de maior quero ser...


Ola a todos!

Gumersindo Fernández, o meu profesor de informática, mandounos facer unha presentación de que queres ser de maior e este é a miña reflexión.
Cando entrei na tarefa para ver que tiña que facer esta vez, eu aínda non pensara que iba a exercer nun futuro, pero ao verme obligado grazas a este traballo púxenme a investigar. Decanteime por enxeñeiro de química industrial.
Ao comezo estaba un pouco perdido e non sabía por onde empezar, pedínlle axuda ao meu pai, o cal sabe moito sobre este tema. El ensinoume a páxina da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) e a partir de ahí coñecín todas as carreiras as que eu podo optar. Atopei todo o necesario: desde a configuración das probas da Selectividade, as materias que ponderaban, as notas de corte, o acceso a facultade de química das universidades galegas, ou a información sobre as residencias para estudantes en Vigo.
Esta investigación fíxome ver que non hai tantas saídas como pensaba ao principio, pero esta ben pagada na maioría dos casos.
A maior dificultade de este traballo foi a pouca información coa que dispuxen, e na mairía dos casos mal explicada. Outra dificultade encontrada foi que pensei que este traballo me levaría un día como moito pero estaba equivocado, levoume case toda a Semana Santa.
Grazas a esta tarefa puiden plantearme seriamente o que quero facer no futuro, sen esta presentación non tería mirado que facer coa miña vida despois de acabar o bachillerato.
Unha obxección que quero dar e que as universidades terían que poñer unha páxina web con toda a información necesaria para informarse de calquera carreira que se queira facer.
Aquí vos deixo a presentación na que ben explicada a carreira de enxeñería de química industrial:


             





miércoles, 7 de marzo de 2018

Ciberseguridad

Ola a todos!
Hoxe tráiovos unha nova entrada na que esta vez imos falar de contido relacionado coa seguridade informática.
Esta tarefa esta feita por un grupo de catro persoas; Nayeli, Paulo, fabiana e mais eu. Os outros integrantes do grupo fixeron cadansúa parte, a min tocáronme os oito últimos temas:  Deep Web, síntomas para detectar que o noso ordenador foi atacado, software para protexer o ordenador, uso seguro da Webcam, protección da WiFi, medidas de prevención frente a posibles ataques, seguridad nos dispositivos móviles y seguridad en el internet de las cosas. 
Os meus compañeiros e mais eu puxémonos de acordo en comunicarnos polo chat de Drive, xa que utilizamos esta plataforma para facer o traballo a aproveitamos para facer comentarios dentro del. Resultounos complicado comunicarnos porque eu tiven que facer a tarea moi pronto ao ter que marchar de viaxe, e mentres eu estaba viaxando eles facían a súa parte e non nos puidemos comunicar moi ben.
Paréceme moi interesante esta trea porque aprendín cousas que non tiña nin idea. Espero que vos tamén aprendades cousas interesante con esta presentación.