sábado, 26 de enero de 2019

Presentación Pecha-Kucha

Ola a todos!

Hoxe estou aquí con outra tarefa máis sobre o meu negocio, cada día avanzamos máis no noso proxecto e teño a sensación de que vai ben encamiñado. Isto fíxeno cos meus compañeiros Marco Rivadulla, Miguel Rodríguez e Álvaro Leira.

Aínda que xa o dixen antes, o noso negocio Pick & Roll, é basicamente unha tenda de deportes, especializada no baloncesto (sobre todo nas zapatillas). Na presentación  tócanse múltiples temas relacionados co negocio, igual que en tarefas anteriores como o mapa de empatía, o mapa da proposta de valor, etc.

A presentación non é que teña nada de novo, para que mentir. Non deixa de ser unha clásica presentación de Google. Colocamos unha diapositiva por cada tema concreto, buscamos as imaxes que pensabamos que eran máis axeitadas e colocámolas. Tendo en conta que a maioría son de Google, buscamos de cada unha a web na que se albergaba, o título, autor e, por suposto, a licenza. Colocamos estes datos e os comentarios do que queremos explicar en cada unha das diapositivas na parte de "Notas de orador" e así rematamos.

As notas están pensadas para que sexan lidas nuns 20 segundos, xa que se nos pide que a presentación esté nun formato Pecha-Kucha (20 diapositivas por 20 seg. cada unha)

Esperamos que sexa do voso agrado:





Aquí vos deixo tamén un enlace a esta misma presentación pero en Drive:
Presentación en Drive