sábado, 1 de junio de 2019

Infografía aumentada

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha entrada sobre unha infografía aumentada da nosa APP "Libros Obrigatorios  IESEBA", que realicei coa axuda dos meus compañeiros: Miguel RodríguezMarco Rivadulla e Álvaro Leira.


Esta tarefa realizámola nun programa chamado Genially, o cal, xa utilizáramos para outras tarefas anteriores neste curso, como para a infografía de estilo, unha tarefa anterior deste ano.

En si, a aplicación Genial.ly, na miña opinión, é unha das mellores  APPs para crear  ingografías polo motivo de que, ofréceche unha gran variedade de persoais para crear distintos tipos de infografías, gran variedade de imaxes,  logos, emojis... ademais de que che deixa subir unha foto do teu equipo se o necesitas.

Por outro lado, é unha APP, na cal, a maioría das imaxes vanse actualizando, xa que incluíron imaxes novas como drons, máis emojis e máis tipos de persoais para a túa infografía.

Ao principio cando esteas a empezar a utilizar a APP,  é recomendable ver un vídeo tutorial sobre a APP, xa que, coa gran variedade de opcións que tes para elixir entre persoal, fondo, estética, imaxes, etc, é aconsellable verse un vídeo tutorial, xa que, é alguén que xa ten certo control sobre a APP e poida que aclararche cal é a mellor opción para o teu proxecto ou as túas ideas.


Por aquí déixovos varios vídeos tutoriais por se vos son de axuda:






Unha vez que xa teñas creado varias, xa non necesitarás os vídeos para crear os teus proxectos porque xa terás un control básico sobre a APP.

O principal obxectivo desta tarefa era crear unha infografía sobre nosa APP para colocala en diversos establecementos para que a xente  escanease o código QR, xa que, tiña que ser unha infografía interactiva.

Para crear a nosa infografía, o que decidimos foi poñer o título do que ía tratar en grande, para indicar que era o título de nosa APP e o noso slogan como subtítulo nun tamaño un pouco máis pequeno que o título. Unha vez colocados o título e o subtítulo, colocamos o logo da nosa APP centrado na infografía e aos lados, dous  emojis que nos proporciona Genial.ly para atraer á xente e facela máis estética. Posteriormente, unha vez acabado co logo e cos emojis, procedemos a engadir unha imaxe que nos proporciona Genial.ly, que é a da man co móbil, para simular que é alguén  escaneando o código QR que che levará á descarga da nosa APP.

O código QR creámolo cun Xerador de códigos QR , o cal che proporciona distintos deseños de códigos  QR por se vas facer un código relacionado con, Instragram, Facebook, etc.

Facendo referencia á imaxe do móbil e a man, dentro da pantalla do móbil engadimos outros dous  emojis que nos proporciona Genial.ly, que son os dous  emojis de dentro do  movil, ademais de que engadimos a ligazón ao noso blog onde hai unha información máis ampliada dos libros da nosa APP.

Este é o noso resultado final, esperamos que vos guste e que vos descarguedes a nosa APP.

Video promocional

    Ola a todos!
    Hoxe tráiovos esta tarea a aquí, o meu blog, co fin de publicitar a nosa APP unha vez máis para a asignatura de TIC. Foi unha tarefa distinta as demais porque nesta tivemos que grabar un vídeo  en lugar de ser unha aburrida infografía máis. Repartímonos o traballo e a min e mais ao meu compañeiro Miguel Rodríguez tocounos realizar esta tarefa. 
    O primeiro que fixemos xa que íamos retrasados nos plazos de entrega foi planear o vídeo apuntando ideas en Drive para que non se nos esquecesen. Logo cando se nos ocurriu unha idea boa puxémonos a traballar en como facela e que fose creativa. Decidimos grabar a Vicente, o noso profesor de Galego como profesor interesado pola nosa aplicación xa que realmente se seguise adiante a nosa APP podería servirlle en anos seguintes. Tamén decidimos que estaría ven grabarme a min como presentador e a Miguel como un alumno contento coa APP. Outra idea que tíñamos na mente era grabar a un pai pero como o vídeo se nos alongaba decidimos que o mellor sería deixalo así.
    En canto á realización do vídeo, a Vicente grabámolo no instituto nun recreo e Miguel e mais eu grabámolo en cada respectiva casa. Logo Miguel cun programa chamado Imovie que xa lle viña instalado no iPad montouno facilmente.

    Este é o vídeo embebido en YouTube:


    Este é o vídeo embebido en Twitter:





Publicita a túa APP. InfoWeb

Ola a todos!

Nesta entrada tráiovos a InfoWeb feita acerca da nosa APP. Lecturas obrigatorias IESEBA. O concepto de InfoWeb corresponde basicamente á mezcla dunha infografía coa dunha páxina web. Está feita con Google Sites. En ela poderás encontrar un pequeno resumo de que é a nosa APP e porque decidimos creala, e por suposto, como funciona esta.

Espero que vos guste!!!

LECTURAS OBLIGATORIAS IESEBA