sábado, 3 de noviembre de 2018

Planing

Ola a todos!

Este ano, na asignatura de TIC pedíronnos que creásemos unha empresa en Culleredo. Ao meu grupo, formado por Miguel Rodríquez, Álvaro Leira e Marco Rivadulla, e a min ocorréusenos montar unha tenda de tenis de baloncesto en Culleredo xa que por esta zona non hai ningunha e os xogadores da comarca teñen que desprazarse ata Lugo ou Santiago para conseguir unhas boas zapatillas.

Nesta primeira avaliación os traballos que suba ao blog van estar ligados, isto que se relacionarán os uns cos outros e, polo tanto, vai ser importante que leades todas as tarefas na orde nas que as vou ir publicando na etiqueta TIC 1. Aí apareceran todas as tarefas relacionadas coa empresa.

O primeiro que temos que facer para poder poñer a funcionar este negocio é a elaboración da planificación dos distintos pasos e do tempo que nos vai levar, así como a distribución do traballo que terá que desempeñar cada un dos integrantes.

Nesta actividade tardamos máis do esperado porque ao principio iamos facer o traballo en Gantt Project pero cando xa o tiñamos instalado os catro integrantes e empezamos a facer o planing, vimos que non podíamos compartir o traballo e facelo xuntos. Entón decidimos facelo en Drive. Cando xa levábamos un tempo démonos de conta de que nas follas de cálculo de Drive había un apartado que poñía "Planing" e volvimos desfacer todo e volver a empezar nese formato.

Á hora de facer o traballo foi moi importante a comunicación, e para isto puxémonos de acordo en establecer un día da semana para realizar todos o traballo ao mesmo tempo. Para poñernos de acordo creamos un grupo de whatsapp onde debatíamos que era mellor ou peor para o traballo. Tamén para darlle máis dinamismo á actividade falabamos polo chat do grupo de Drive.





                                                                                                Elaboración propia       
                                                                                                 






Por último déixovos outros blogs que me serviron de axuda nesta tarea:
Simón Corbelle
- Laura Castro
- Andrea Guerra

No hay comentarios:

Publicar un comentario