viernes, 20 de abril de 2018

Edición de imágenes parte 1


Ola a todos!

Nesta tarefa eliminei un obxecto dunha foto con gimp, que nos recomendou o noso profesor de informática. Este programa ten outras moitas utilidades a parte de borrar obxectos, persoas... dunha fotografía.
Esta tarefa estivo moi entretida. Nunca fixera nada parecido e sorprendeume que fose tan fácil borrar obxectos dunha imaxe. Ademais é un traballo que non require moita concentración e que podes facer, por exemplo, mentres ves a televisión.
Para saber utilizar o programa consultei un tutorial en Youtube que me resultou moi fácil retocar a imaxe despois. Aprendín a como poder eliminar un obxecto sen deixar ningún rastro se eres coidadoso, a utilizar unha parte do programa gimp para clonar...
Esta é a imaxe pola que me decidín a retocar. Non ten dereitos de autor, asique non tiven problemas nese sentido.
Para eliminar o arbusto tiven que usar a clonación, clicas sobre o fondo que queiras poñer no seu lugar e daslle ao Ctrl para fixalo, logo arrastras pola imaxe ata facer desaparecer o que queiras e a continuación gárdalo.
O que me levou tempo nesta tarea foi gardar a imaxen, porque hai que darlle a exportar como non a gardar como. E eu non o sabía ata que lle pedín axuda ao meu irmán e foi capaz de resolverme o asunto.
Por último fixen un collage e inserteino nesta entrada.
Espero que vos sirva de utilidade esta tarefa e déixovos o meu traballo aquí abaixo.

Paisaxe natural con pastizais e verdes montañas...



Autor: deconocido
Lugar de búsqueda da imaxe
Creative Commons: libre











No hay comentarios:

Publicar un comentario