sábado, 16 de febrero de 2019

Curriculum Vitae

Ola a todos!

Hoxe veño cun tema interesante a tratar e que seguro que vos vai gustar. Xa sabedes que eu estou no Bacharelato cursando unha materia chamada TIC e que teño que facer un traballo cada semana, aproximadamente. Nas tarefas anteriores tivemos que crear un negocio. O meu consistiu en montar unha tenda de tenis de baloncesto á que lle puxemos de nome Pick & Roll.

A tarefa desta semana consiste en que tiña que escoller unha das empresas que os  meus compañeiros de clase tamén tiveron que crear.  Escollín a de Misaki Anguera, Marta Infante, Selva Gijón, Iago Bermejo e Nicolás Garea, chamada El Palacio de la Música. Despois de escoller o negocio, tiven que simular un currículum e para isto tiven que decidir se presentar un currículum cego ou un convencional.

Un currículum convencional é o que se viña utilizando ata agora. É aquel que presenta as habilidades, formación e experiencia laboral da persoa co fin de desempeñar un posto de traballo. E un currículum cego consiste no mesmo que un convencional pero evitando poñer o xénero, a idade, a fotografía... omitindo datos que poden xerar discriminación. Isto faise como unha medida para que as empresas non podan descartar os seus traballadores en función da raza, o sexo, a relixión, etc.

O século XXI parece que pode ser o século no que consiga por fin a igualdade de xénero. Todos temos que contribuír  a que isto se produza, polo que decidín presentar un currículum cego e, deste xeito, competir en igualdade de condicións coas miñas compañeiras de profesión.

Pero tamén se me ocorre pensar que faría se isto non fose un exercicio de clase e fose unha situación real. Mandaría un currículum cego sabendo que tería máis posibilidades se identificase o meu xénero? Probablemente non. A xente intenta aproveitar as circunstancias que o benefician. Por isto, este execicio serve para ir cambiando o xeito de pensar pero non para cambiar a realidade dun día para outro. Os cambios tardan moito en producirse e fano moi pouco a pouco.

Aquí podedes ver a carta de presentación e o currículum:








No hay comentarios:

Publicar un comentario