Hoxe estou de volta no meu blog para comentar como se trata o tema do plaxio no mundo. Pero para iso, necesitamos saber antes de nada que é o plaxio. Segundo a RAG o plaxio é a “apropiación fraudulenta dunha obra allea, normalmente artística ou literaria” (RAG, 2019) 1 e segundo a RAE plaxiar é “copiar en lo sustancial obras ajenas, dándolas como propias” (RAE, 2019). 2
Aloxamento:Plagio imaxes
Autor: Midnight Express
O plaxio que coñecemos máis é o académico. A empresa Turnitin identifica as formas máis habituais de copiar traballos no seu artigo “Los cinco tipos de plagio más frecuentes”. É dicir:
- Clonación: copiar literalmente outro traballo.
- Mosaico: copiar de varias fontes de modo que encaixen uns fragmentos con outros.
- Copiado e pegado: cópianse grandes fragmentos.
- Remix: repetir a mesma estrutura doutro traballo parafraseándoo.
- Busca e substitución: cambiar as palabras e expresións clave.
Aloxamento: Youtube, plagio en el mundo académico
Autor: Excélsior TV
Licencia: CC-BY 4.0
Neste vídeo dunha televisión latinoamericana Pedro Landaverde, avogado mexicano especialista en educación, explica que o plaxio, por exemplo, no mundo latinoamericano non está moi regulado. Afirma que o máximo castigo que se lle aplica ao que copia é a expulsión da proba á que se presenta sen máis consecuencias. Pedro propón dúas medidas: por un lado, maior severidade nos castigos pero, por outro, di que coller a alguén copiando é unha oportunidade para corrixir, para educar, formar a esa persoa. Propón traballar na educación en valores. É dicir, non se trata de poñer máis recursos para evitar que o alumno copie, senón de intentar explicarlle que consecuencias terá para a súa vida que copie. Non aprenderá e cando teña que desempeñar un traballo non estará capacitado. Imaxinades un médico que copiou os seus traballos na facultade? Queredes que sexa o voso médico?
Polo que puiden comprobar, o plaxio pode ser delito cando afecta aos dereitos do autor:
“Es bastante claro que apropiarse de un artículo ajeno y hacerlo pasar por propio constituye plagio y, al mismo tiempo, una infracción de derechos de autor especialmente penada como delito.” (Archivo de dudas frecuentes, 2019). 3
Título: Taller 5- Aspéctos Eticos
Aloxamento: Plaxio imaxes
Autor: Desconocido
Pero non en todos os casos. Cando se copia só unha parte (é dicir, noutros casos que non sexa a clonación) a lei non o castiga en moitos lugares como en Chile:“En cambio, en otros casos como cuando se copia parcialmente o se cita una obra ajena sin hacer la respectiva atribución de autoría y de fuente de origen, aún cuando plagio académico, puede no ser una infracción a los derechos de autor” (Archivo de dudas frecuentes, 2019).4
O mesmo ocorre en España, onde a lexislación é bastante branda tamén porque só fala de delito cando hai intereses económicos:
“La reproducción, distribución, comunicación, publica el plagio de obras protegidas por la propiedad intelectual, con ánimo de lucro y en perjuicio de terceros, sin autorización de sus legítimos titulares” (Servicios de bibliotecas Universidade de Extremadura, 2019).5
Quizais por iso as colexios ou as universidades non poden ser máis severas nos seus castigos e só poñen un suspenso na materia para que se fixo o traballo copiado, como ver nas normas da biblioteca da Universidade de Alcalá seguindo os estatutos desa universidade:
“El plagio, entendido como la copia de textos sin citar su procedencia y dándolos como de elaboración propia, conllevará automáticamente la calificación de suspenso en la asignatura en la que se hubiera detectado” (Biblioteca da Universidade de Alcalá, 2019).6
É por todo isto que a segunda proposta de Pedro Landeverde é a que me parece máis eficaz: educar en valores. Explícanse algunhas das causas do plaxio: a excesiva cantidade de traballos que nos mandan os profes e o pouco tempo para facelos, a preguiza e a facilidade do acceso a internet. Como vemos neste vídeo de Ausencia de Valores en la elaboración de Tareas Académicas.
Aloxamento:Plagio imágenes
Autor: Periodismo
Licencia: CC-BY 4.0
1- Academia.gal. Dicionario - Real Academia Galega. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2EYfCQh.
2- RAE ASALE. «Diccionario de la lengua española» - Edición del Tricentenario. Plagiar. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2Tfpkqt.
3 e 4- Archivo de Dudas Frecuentes. ¿En qué consiste el plagio académico? ¿Está penado por la ley? - Archivo de Dudas Frecuentes. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2Hmze25
5- Biblioguias.unex.es. Biblioguías: Evitar el plagio: lo que necesitas saber y pensar: NORMATIVA. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2TosdoN
6- Www3.uah.es. 5. Legislación contra el plagio. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2QEPMHR
No hay comentarios:
Publicar un comentario