viernes, 24 de mayo de 2019

Publicita a túa APP



Lecturas obrigatorias IESEBA



“Non xulgues unha app pola súa portada”



Actualmente a APP conta tantos coas lecturas obrigatorias de Galego coma as de Castelán do curso 2018/2019, sendo os das respectivas editoriais recomendadas polo centro. Na APP tamén se encontran algunhas das bibliotecas máis próximas ao centro, como por exemplo a Biblioteca Uxío Novoneyra ou a que se encontra en Servizos Múltiples, así como obras recomendadas.


A idea de crear a APP foi froito da complexidade que hai no que comprenden as lecturas obrigatorias para o alumno. Estas lecturas son esenciais se o que se quere é aprobar polo que partindo da base de que todos os alumnos queren aprobar, esta APP pode chegar a ser moi útil para todo o alumnado do centro independentemente do curso. Con ela poderás saber de maneira anticipada cales serán as lecturas que tes que ler tendo en conta o curso no que estás e a materia correspondente. Con isto poderás decidir se ir a unha biblioteca e conseguilo ou comprar o libro nunha libraría, todo isto con antelación, para así ter o seguro de que conseguirás o libro e non ter que preocuparte por se o vai a haber na biblioteca ou se che vai dar tempo a lelo, preocupacións que moita xente ten.


O noso slogan é este:

“Non xulgues unha app pola súa portada”

A APP ten unha boa organización e é moi fácil de utilizar. O primeiro que un encontra é o logo da APP e o nome, para despois pasar a unha segunda pantalla onde se encontran as bibliotecas próximas, algunhas recomendacións, e o despregable principal.



                             


Cando se active o despregable que hai arriba á esquerda (As tres liñas horizontais), abrirase o menú que che da a elixir entre a ESO e o Bacherelato. Elixe o que che corresponda en entón se especificarán debaixo da opción escollida os seus respectivos cursos (1ºESO-2ºESO-3ºESO-4ºESO e 1ºBACH-2ºBACH), onde terás que volver a escoller a túa opción.






O seguinte que verá serán dúas bandeiras, a de Galicia, e de España, elixa unha dependendo da materia que necesite: Galego ou Castelán.






Cando piques nunha delas se abrirá o Blog en Google da nosa APP, onde están todos os libros ordenados noutro despregable por se entras directamente ao Blog. Por último encontrará unha entrada cos todos os libros que terá que ler atendendo ao curso e á materia elixidas, cada un acompañado dun pequeno resumo e da editorial que se recomenda.





Esperamos que vos sirva a nosa APP.

No hay comentarios:

Publicar un comentario