sábado, 17 de noviembre de 2018

Infografía guía de estilo

Ola a todos!

Hoxe tráiovos ao meu blog unha infografía que pretende establecer unha guía de estilo na que se establezan as normas que debemos seguir para que a comunicación sexa realmente eficaz. En xeral, unha guía de estilo consiste nun conxunto de criterios preestablecidos para o deseño ou a redacción de documentos e a súa edición en páxinas web.

O primeiro que fixemos foi buscar información sobre as normas de comunicación, xa que o noso profesor nos mandou facer unha infografía sobre elas. Na infografía o que fixemos foi poñer algunhas normas das máis importantes e logo resumilas en poucas palabras para sintetizar a presentación e que fose moi visual. As normas de comunicación son importantes para poder entendérmonos con facilidade e rapidez. Se non as usamos, vai ser complicado que a persoa que nos escoita ou le (se é por internet) poda comprender o que lle transmitimos.

Para poder facer unha infografía escollimos Visme e Genially. Non tardamos moito tempo en decidir porque en seguida nos decantamos por Genially dado que xa temos feito traballos o ano pasado con ese programa. Genially é moi bo porque podes facer moitas cousas con el, e unhas das opcións é facer infografías. Para min o detalle máis sorprendente é que non te tes que estar pelexando con vídeos titoriais para embeber o teu traballo no blog porque é moi fácil facelo. De todas maneiras vouvos deixar un vídeo para que se queredes facer un traballo en Genially saibades como embebelo nun blog.




Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
 - Miguel Rodríguez,
 - Álvaro Leira
 - Marco Ribadulla

Blogs que me serviron de referencia:
 - Simón Corbelle
 - Daniel Valcárcel



No hay comentarios:

Publicar un comentario