sábado, 10 de noviembre de 2018

Tablero Colaboativo

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha tarefa máis sobre o meu proxecto de empresa o cal xa vos expliquei na miña anterior entrada.

A tarefa trata sobre un taboleiro colaborativo para planificar as tarefas que imos ir facendo durante a primeira avaliación. Déronnos a opción de escoller unha de tres ferramentas para facer esta tarefa, as cales son Trello, Google Keep e Slack. Nós decidimos escoller Trello xa que é unha aplicación que podemos atopar ben explicada en Youtube e de antemán sabíamos que non nós ía dar problemas. As outras dúas ferramentas tamén son boas opcións porque por exemplo Google Keep é fácil de utilizar e Slack, aínda que é complicada de utilizar, o resultado queda mellor ordenado. Trello é moi recomendable para facer táboas con planificacións ou para calquera outra cousa que requira unha estrutura ordenada en columnas ou filas.

Para facer unha boa planificación guiámonos pola anterior tarefa de Planificación e tamén por algunha entrada de compañeiros de anos anteriores (dos que vos deixarei os enlaces na parte de abaixo desta entrada).

O traballo dividímolo en tres bloques: lista de tarefas, traballo feito e en proceso.
  1. Lista de tarefas: nesta columna organizamos e puxemos todas as tarefas da primeira avaliación que teñen que ver co proxecto.
  2. Traballo feito: aquí escribimos as tarefas que xa están realizadas. Actualmente son só dúas.
  3. En proceso: e, por último, nesta columna colocamos as tarefas que aínda non están feitas pero que se executarán nas vindeiras semanas.   
 Unha vez feito isto, só temos que facer unha captura e gardar o traballo.

Como experiencia personal podo dicir que Trello é unha ferramenta sencilla e boa para utilizar con planificación cortas ou de pouca extensión, recoméndoa para usos especiais.

Para realizar o traballo os meus compañeiros de equipo (Miguel Rodríguez, Álvaro Leira e Marco Ribadulla) mediante o whatsapp comunicámonos para facer a tarefa máis rápido e eficaz. Tamén podíamos utilizar Skype ou Discord pero como traballamos en diferentes instantes non puidemos usalas.

Enlace a compañeiros dos anos anteriores:
- Simón Corbelle
- Daniel Valcárcel
- Andrea Fuentes











Título: How to use Trello to stay motivated on your side projects
Autor: Bombchelle
Licencia: CC-BY
Alojamiento: Trello imaxes





No hay comentarios:

Publicar un comentario