sábado, 24 de noviembre de 2018

Gestor de Referencias


Ola a todos! 

Nesta tarefa o meu equipo (Miguel Rodríguez, Álvaro Leira e Marco Ribadulla) e máis eu creamos cun xestor de citas, referencias que nos permitan ser gardadas e almacenadas. Para isto necesitamos buscar un xestor de referencias adecuado e o noso profesor deunos dous a escoller.

Primeiro escollimos Zotero porque parecía máis organizado que o Generador Automático de Citas, instalámolo todos os membros do grupo e empezamos a traballar en grupo. Pero percatámonos rapidamente de que era moi lioso e non se entendía ben como traballar co programa. Así que decidimos cambiar o xestor e probar o Xerador Automático de Citas e indagar nel. Foinos fácil utilizalo pero cando rematabas de crear a referencia non podías gardalo en ningunha parte e isto non nos parecía moi útil para o noso traballo. Finalmente regresamos a Zotero e tras unhas intensas horas conseguimos rematar o traballo.

Zotero é un programa que crea automaticamente citas sen necesidade de ir buscando todas as referencias, cousa que por experiencia é moi cansina. Ahora vouvos pasar a mostrar como se utiliza. Para empezar non tes nin que instalalo se non queres, solo tes que rexistrarte e crear unha conta en Zotero. Cando estas dentro do programa se queres traballar en grupo mándaslle aos teus compañeiros unha invitación para colaborar contigo. Unha vez todo o teu equipo está no grupo colledes as referencias que queredes meter en Zotero e a introducides. Facedes así con todas as citas e o traballo xa estaría rematado.














A min esta ferramenta non me convence moito porque non é fácil de utilizar, pero é a miña opinión e estou de acordo en que con máis tempo seguramente a aprendese a utilizar con maior facilidade. Á hora de traballos de equipo está ben porque é moi simple crear un grupo de traballo.






Título: Zotero
Autor: Screenshot of the Zotero desktop application
Aloxamento: Zotero imaxes
Licencia: CC-BY



Aquí vos deixo un vídeo para complementar a miña información sobre Zotero e que o aprendades a utilizar:






Blogs que me serviron de referencia:
 - Simón Corbelle
 - Lara Fraga





No hay comentarios:

Publicar un comentario