miércoles, 26 de diciembre de 2018

Modelo de negocio

Ola a todos!

Nos últimos tempos está de moda crear unha empresa. Son moitos os que queren facer cartos montando un negocio propio, pero como facelo? Que pasos dar?

Os que o fan por primeira vez seguro que se deixan levar por aquelas actuacións que ven en primeiro lugar pero non se sentan a pensar a establecer un plan. E isto pode ter consecuencias desastrosas para o seu negocio. É dicir non se para a elaborar un modelo de negocio, un documento no que establecer as necesidades, os pasos, as etapas que o seu negocio necesita.

Deberá pensar tamén quen vai ser o seu cliente, que necesita, como pensar, isto é, elaborar un mapa de empatía.

Ao mesmo tempo é necesario diferenciar o seu negocio dos outros para evitar que a competencia acabe co seu proxecto. Necesita, entón, elaborar unha proposta de valor.

Nesta entrada vouvos falar sobre o modelo de negocio:

O modelo de negocio é un sistema de planificación que permite ensinar dunha forma gráfica o que a empresa pode ofrecer, as vantaxes que ten, a forma en que obterá os ingresos, as actividades clave que a empresa realizará, (a división en actividades centradas na organización e construción da empresa, diferenciándoas das actividades primarias encargadas da venda do produto), tendo en conta os asociados cos que se tratará a empresa (socios, patrocinadores, provedores do produto ...), os recursos dispoñibles para a empresa (persoal, maquinaria, recursos económicos, vendas locais ...) os custos da estrutura da empresa e as rutas de ingresos a través das cales a empresa obterá beneficios.

O modelo de negocio utilízase para saber a que tipo de clientes  quere enfocar a compañía. Por exemplo, no noso caso temos unha tenda de tenis de baloncesto, polo que debemos centrarnos nun tipo de cliente que practique este deporte, que son os que probablemente gasten máis cartos para satisfacer as súas necesidades.

O uso desta ferramenta (ao meu xuízo non profesional ou especializado en cuestións comerciais) é coñecer o tipo de cliente que chegará á súa tenda, o que se gastará cada vez que vén, o tratamento (descontos para os xogadores ou para persoas que sexan socios a través dun sistema de subscrición), as canles que usarán para dar a coñecer a marca a través das redes sociais. Entón iso, como dixen ao inicio de todo, pode servir como ferramenta de planificación. 

Este uso de planificación é importante porque moitas empresas solen fracasar polo feito de non ter realizado un previo análisis de planificación, polo que poden non saber con certeza en que tipos de cliente se pode centrar o seu método de publicidade. Aparte de que o  descoñecemento de como van a ser as túas vías de ingresos e o costo do que é a empresa pode provocar o fin da empresa.

Aquí vos deixo o noso modelo de negocio para montar unha tenda de baloncesto:





Creado por Marcelo Pizarro Miranda en base al trabajo de Alex Osterwalder  y a la inspiración de David Bland
Licenciado mediante Creative Commons Reconocimiento - Compartir Igual 3.0 Unported - MARCELO PIZARRO MIRANDA


Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
- Miguel Rodríguez, Desde el primer pitido
- Álvaro Leira, Varo Box
- Marco Ribadulla, The blog of the cars




No hay comentarios:

Publicar un comentario