sábado, 1 de junio de 2019

Infografía aumentada

Ola a todos!

Hoxe tráiovos unha entrada sobre unha infografía aumentada da nosa APP "Libros Obrigatorios  IESEBA", que realicei coa axuda dos meus compañeiros: Miguel RodríguezMarco Rivadulla e Álvaro Leira.


Esta tarefa realizámola nun programa chamado Genially, o cal, xa utilizáramos para outras tarefas anteriores neste curso, como para a infografía de estilo, unha tarefa anterior deste ano.

En si, a aplicación Genial.ly, na miña opinión, é unha das mellores  APPs para crear  ingografías polo motivo de que, ofréceche unha gran variedade de persoais para crear distintos tipos de infografías, gran variedade de imaxes,  logos, emojis... ademais de que che deixa subir unha foto do teu equipo se o necesitas.

Por outro lado, é unha APP, na cal, a maioría das imaxes vanse actualizando, xa que incluíron imaxes novas como drons, máis emojis e máis tipos de persoais para a túa infografía.

Ao principio cando esteas a empezar a utilizar a APP,  é recomendable ver un vídeo tutorial sobre a APP, xa que, coa gran variedade de opcións que tes para elixir entre persoal, fondo, estética, imaxes, etc, é aconsellable verse un vídeo tutorial, xa que, é alguén que xa ten certo control sobre a APP e poida que aclararche cal é a mellor opción para o teu proxecto ou as túas ideas.


Por aquí déixovos varios vídeos tutoriais por se vos son de axuda:






Unha vez que xa teñas creado varias, xa non necesitarás os vídeos para crear os teus proxectos porque xa terás un control básico sobre a APP.

O principal obxectivo desta tarefa era crear unha infografía sobre nosa APP para colocala en diversos establecementos para que a xente  escanease o código QR, xa que, tiña que ser unha infografía interactiva.

Para crear a nosa infografía, o que decidimos foi poñer o título do que ía tratar en grande, para indicar que era o título de nosa APP e o noso slogan como subtítulo nun tamaño un pouco máis pequeno que o título. Unha vez colocados o título e o subtítulo, colocamos o logo da nosa APP centrado na infografía e aos lados, dous  emojis que nos proporciona Genial.ly para atraer á xente e facela máis estética. Posteriormente, unha vez acabado co logo e cos emojis, procedemos a engadir unha imaxe que nos proporciona Genial.ly, que é a da man co móbil, para simular que é alguén  escaneando o código QR que che levará á descarga da nosa APP.

O código QR creámolo cun Xerador de códigos QR , o cal che proporciona distintos deseños de códigos  QR por se vas facer un código relacionado con, Instragram, Facebook, etc.

Facendo referencia á imaxe do móbil e a man, dentro da pantalla do móbil engadimos outros dous  emojis que nos proporciona Genial.ly, que son os dous  emojis de dentro do  movil, ademais de que engadimos a ligazón ao noso blog onde hai unha información máis ampliada dos libros da nosa APP.

Este é o noso resultado final, esperamos que vos guste e que vos descarguedes a nosa APP.

Video promocional

    Ola a todos!
    Hoxe tráiovos esta tarea a aquí, o meu blog, co fin de publicitar a nosa APP unha vez máis para a asignatura de TIC. Foi unha tarefa distinta as demais porque nesta tivemos que grabar un vídeo  en lugar de ser unha aburrida infografía máis. Repartímonos o traballo e a min e mais ao meu compañeiro Miguel Rodríguez tocounos realizar esta tarefa. 
    O primeiro que fixemos xa que íamos retrasados nos plazos de entrega foi planear o vídeo apuntando ideas en Drive para que non se nos esquecesen. Logo cando se nos ocurriu unha idea boa puxémonos a traballar en como facela e que fose creativa. Decidimos grabar a Vicente, o noso profesor de Galego como profesor interesado pola nosa aplicación xa que realmente se seguise adiante a nosa APP podería servirlle en anos seguintes. Tamén decidimos que estaría ven grabarme a min como presentador e a Miguel como un alumno contento coa APP. Outra idea que tíñamos na mente era grabar a un pai pero como o vídeo se nos alongaba decidimos que o mellor sería deixalo así.
    En canto á realización do vídeo, a Vicente grabámolo no instituto nun recreo e Miguel e mais eu grabámolo en cada respectiva casa. Logo Miguel cun programa chamado Imovie que xa lle viña instalado no iPad montouno facilmente.

    Este é o vídeo embebido en YouTube:


    Este é o vídeo embebido en Twitter:





Publicita a túa APP. InfoWeb

Ola a todos!

Nesta entrada tráiovos a InfoWeb feita acerca da nosa APP. Lecturas obrigatorias IESEBA. O concepto de InfoWeb corresponde basicamente á mezcla dunha infografía coa dunha páxina web. Está feita con Google Sites. En ela poderás encontrar un pequeno resumo de que é a nosa APP e porque decidimos creala, e por suposto, como funciona esta.

Espero que vos guste!!!

LECTURAS OBLIGATORIAS IESEBA

viernes, 24 de mayo de 2019

Publicita a túa APP. PDF embebido

Ola a todos!

Nesta nova entrada publicarei o artigo que fixemos querendo publicitar a nosa APP nunha revista especializada. Dase unha pequena introdución da nosa aplicación, Lecturas obrigatorias IESEBA. De que trata, porque a fixemos e como funciona, todo explicado dunha forma sencilla e ordenada. Nesta entrada o artigo está en formato PDF.

Esperemos que vos guste!!!



Publicita a túa APP



Lecturas obrigatorias IESEBA



“Non xulgues unha app pola súa portada”



Actualmente a APP conta tantos coas lecturas obrigatorias de Galego coma as de Castelán do curso 2018/2019, sendo os das respectivas editoriais recomendadas polo centro. Na APP tamén se encontran algunhas das bibliotecas máis próximas ao centro, como por exemplo a Biblioteca Uxío Novoneyra ou a que se encontra en Servizos Múltiples, así como obras recomendadas.


A idea de crear a APP foi froito da complexidade que hai no que comprenden as lecturas obrigatorias para o alumno. Estas lecturas son esenciais se o que se quere é aprobar polo que partindo da base de que todos os alumnos queren aprobar, esta APP pode chegar a ser moi útil para todo o alumnado do centro independentemente do curso. Con ela poderás saber de maneira anticipada cales serán as lecturas que tes que ler tendo en conta o curso no que estás e a materia correspondente. Con isto poderás decidir se ir a unha biblioteca e conseguilo ou comprar o libro nunha libraría, todo isto con antelación, para así ter o seguro de que conseguirás o libro e non ter que preocuparte por se o vai a haber na biblioteca ou se che vai dar tempo a lelo, preocupacións que moita xente ten.


O noso slogan é este:

“Non xulgues unha app pola súa portada”

A APP ten unha boa organización e é moi fácil de utilizar. O primeiro que un encontra é o logo da APP e o nome, para despois pasar a unha segunda pantalla onde se encontran as bibliotecas próximas, algunhas recomendacións, e o despregable principal.



                             


Cando se active o despregable que hai arriba á esquerda (As tres liñas horizontais), abrirase o menú que che da a elixir entre a ESO e o Bacherelato. Elixe o que che corresponda en entón se especificarán debaixo da opción escollida os seus respectivos cursos (1ºESO-2ºESO-3ºESO-4ºESO e 1ºBACH-2ºBACH), onde terás que volver a escoller a túa opción.






O seguinte que verá serán dúas bandeiras, a de Galicia, e de España, elixa unha dependendo da materia que necesite: Galego ou Castelán.






Cando piques nunha delas se abrirá o Blog en Google da nosa APP, onde están todos os libros ordenados noutro despregable por se entras directamente ao Blog. Por último encontrará unha entrada cos todos os libros que terá que ler atendendo ao curso e á materia elixidas, cada un acompañado dun pequeno resumo e da editorial que se recomenda.





Esperamos que vos sirva a nosa APP.

sábado, 9 de marzo de 2019

O plaxio

Ola a todos!

Hoxe estou de volta no meu blog para comentar como se trata o tema do plaxio no mundo. Pero para iso, necesitamos saber antes de nada que é o plaxio. Segundo a RAG o plaxio é a “apropiación fraudulenta dunha obra allea, normalmente artística ou literaria” (RAG, 2019) 1 e segundo a RAE plaxiar é “copiar en lo sustancial obras ajenas, dándolas como propias”  (RAE, 2019). 2

Resultado de imaxes para plagio
Aloxamento:Plagio imaxes
Licencia: CC-BY 4.0

O plaxio que coñecemos máis é o académico.

A empresa Turnitin identifica as formas máis habituais de copiar traballos no seu artigo “Los cinco tipos de plagio más frecuentes”. É dicir:

  1. Clonación: copiar literalmente outro traballo.
  2. Mosaico: copiar de varias fontes de modo que encaixen uns fragmentos con outros.
  3. Copiado e pegado: cópianse grandes fragmentos.
  4. Remix: repetir a mesma estrutura doutro traballo parafraseándoo.
  5. Busca e substitución: cambiar as palabras e expresións clave.




Autor: Excélsior TV
Licencia: CC-BY 4.0


Neste vídeo dunha televisión latinoamericana Pedro Landaverde, avogado mexicano especialista en educación, explica que o plaxio, por exemplo, no mundo latinoamericano non está moi regulado. Afirma que o máximo castigo que se lle aplica ao que copia é a expulsión da proba á que se presenta sen máis consecuencias. Pedro propón dúas medidas: por un lado, maior severidade nos castigos pero, por outro, di que coller a alguén copiando é unha oportunidade para corrixir, para educar, formar a esa persoa. Propón traballar na educación en valores. É dicir, non se trata de poñer máis recursos para evitar que o alumno copie, senón de intentar explicarlle que consecuencias terá para a súa vida que copie. Non aprenderá e cando teña que desempeñar un traballo non estará capacitado. Imaxinades un médico que copiou os seus traballos na facultade? Queredes que sexa o voso médico?

Polo que puiden comprobar, o plaxio pode ser delito cando afecta aos dereitos do autor:

“Es bastante claro que apropiarse de un artículo ajeno y hacerlo pasar por propio constituye plagio y, al mismo tiempo, una infracción de derechos de autor especialmente penada como delito.” (Archivo de dudas frecuentes, 2019). 3

Resultado de imaxes para medico palgio

Aloxamento: Plaxio imaxes
Autor: Desconocido
Licencia: CC-BY 4.0

Pero non en todos os casos. Cando se copia só unha parte (é dicir, noutros casos que non sexa a clonación) a lei non o castiga en moitos lugares como en Chile:

“En cambio, en otros casos como cuando se copia parcialmente o se cita una obra ajena sin hacer la respectiva atribución de autoría y de fuente de origen, aún cuando plagio académico, puede no ser una infracción a los derechos de autor” (Archivo de dudas frecuentes, 2019).4

O mesmo ocorre en España, onde a lexislación é bastante branda tamén porque só fala de delito cando hai intereses económicos:

“La reproducción, distribución, comunicación, publica el plagio de obras protegidas por la propiedad intelectual, con ánimo de lucro y en perjuicio de terceros, sin autorización de sus legítimos titulares” (Servicios de bibliotecas Universidade de Extremadura, 2019).5

Quizais por iso as colexios ou as universidades non poden ser máis severas nos seus castigos e só poñen un suspenso na materia para que se fixo o traballo copiado, como ver nas normas da biblioteca da Universidade de Alcalá seguindo os estatutos desa universidade:

“El plagio, entendido como la copia de textos sin citar su procedencia y dándolos como de elaboración propia, conllevará automáticamente la calificación de suspenso en la asignatura en la que se hubiera detectado” (Biblioteca da Universidade de Alcalá, 2019).6

É por todo isto que a segunda proposta de Pedro Landeverde é a que me parece máis eficaz: educar en valores. Explícanse algunhas das causas do plaxio: a excesiva cantidade de traballos que nos mandan os profes e o pouco tempo para facelos, a preguiza e a facilidade do acceso a internet. Como vemos neste vídeo de Ausencia de Valores en la elaboración de Tareas Académicas.

Resultado de imaxes para plagio

Aloxamento:Plagio imágenes
Autor: Periodismo
Licencia: CC-BY 4.0


Lista de referencias


1- Academia.gal. Dicionario - Real Academia Galega. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2EYfCQh.


2- RAE ASALE. «Diccionario de la lengua española» - Edición del Tricentenario. Plagiar. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2Tfpkqt.


3 e 4- Archivo de Dudas Frecuentes. ¿En qué consiste el plagio académico? ¿Está penado por la ley? - Archivo de Dudas Frecuentes. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2Hmze25


5- Biblioguias.unex.es. Biblioguías: Evitar el plagio: lo que necesitas saber y pensar: NORMATIVA. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2TosdoN


6- Www3.uah.es. 5. Legislación contra el plagio. Recuperado o 09/03/2019 de https://bit.ly/2QEPMHR

sábado, 16 de febrero de 2019

Curriculum Vitae

Ola a todos!

Hoxe veño cun tema interesante a tratar e que seguro que vos vai gustar. Xa sabedes que eu estou no Bacharelato cursando unha materia chamada TIC e que teño que facer un traballo cada semana, aproximadamente. Nas tarefas anteriores tivemos que crear un negocio. O meu consistiu en montar unha tenda de tenis de baloncesto á que lle puxemos de nome Pick & Roll.

A tarefa desta semana consiste en que tiña que escoller unha das empresas que os  meus compañeiros de clase tamén tiveron que crear.  Escollín a de Misaki Anguera, Marta Infante, Selva Gijón, Iago Bermejo e Nicolás Garea, chamada El Palacio de la Música. Despois de escoller o negocio, tiven que simular un currículum e para isto tiven que decidir se presentar un currículum cego ou un convencional.

Un currículum convencional é o que se viña utilizando ata agora. É aquel que presenta as habilidades, formación e experiencia laboral da persoa co fin de desempeñar un posto de traballo. E un currículum cego consiste no mesmo que un convencional pero evitando poñer o xénero, a idade, a fotografía... omitindo datos que poden xerar discriminación. Isto faise como unha medida para que as empresas non podan descartar os seus traballadores en función da raza, o sexo, a relixión, etc.

O século XXI parece que pode ser o século no que consiga por fin a igualdade de xénero. Todos temos que contribuír  a que isto se produza, polo que decidín presentar un currículum cego e, deste xeito, competir en igualdade de condicións coas miñas compañeiras de profesión.

Pero tamén se me ocorre pensar que faría se isto non fose un exercicio de clase e fose unha situación real. Mandaría un currículum cego sabendo que tería máis posibilidades se identificase o meu xénero? Probablemente non. A xente intenta aproveitar as circunstancias que o benefician. Por isto, este execicio serve para ir cambiando o xeito de pensar pero non para cambiar a realidade dun día para outro. Os cambios tardan moito en producirse e fano moi pouco a pouco.

Aquí podedes ver a carta de presentación e o currículum:








sábado, 26 de enero de 2019

Presentación Pecha-Kucha

Ola a todos!

Hoxe estou aquí con outra tarefa máis sobre o meu negocio, cada día avanzamos máis no noso proxecto e teño a sensación de que vai ben encamiñado. Isto fíxeno cos meus compañeiros Marco Rivadulla, Miguel Rodríguez e Álvaro Leira.

Aínda que xa o dixen antes, o noso negocio Pick & Roll, é basicamente unha tenda de deportes, especializada no baloncesto (sobre todo nas zapatillas). Na presentación  tócanse múltiples temas relacionados co negocio, igual que en tarefas anteriores como o mapa de empatía, o mapa da proposta de valor, etc.

A presentación non é que teña nada de novo, para que mentir. Non deixa de ser unha clásica presentación de Google. Colocamos unha diapositiva por cada tema concreto, buscamos as imaxes que pensabamos que eran máis axeitadas e colocámolas. Tendo en conta que a maioría son de Google, buscamos de cada unha a web na que se albergaba, o título, autor e, por suposto, a licenza. Colocamos estes datos e os comentarios do que queremos explicar en cada unha das diapositivas na parte de "Notas de orador" e así rematamos.

As notas están pensadas para que sexan lidas nuns 20 segundos, xa que se nos pide que a presentación esté nun formato Pecha-Kucha (20 diapositivas por 20 seg. cada unha)

Esperamos que sexa do voso agrado:





Aquí vos deixo tamén un enlace a esta misma presentación pero en Drive:
Presentación en Drive