sábado, 26 de enero de 2019

Presentación Pecha-Kucha

Ola a todos!

Hoxe estou aquí con outra tarefa máis sobre o meu negocio, cada día avanzamos máis no noso proxecto e teño a sensación de que vai ben encamiñado. Isto fíxeno cos meus compañeiros Marco Rivadulla, Miguel Rodríguez e Álvaro Leira.

Aínda que xa o dixen antes, o noso negocio Pick & Roll, é basicamente unha tenda de deportes, especializada no baloncesto (sobre todo nas zapatillas). Na presentación  tócanse múltiples temas relacionados co negocio, igual que en tarefas anteriores como o mapa de empatía, o mapa da proposta de valor, etc.

A presentación non é que teña nada de novo, para que mentir. Non deixa de ser unha clásica presentación de Google. Colocamos unha diapositiva por cada tema concreto, buscamos as imaxes que pensabamos que eran máis axeitadas e colocámolas. Tendo en conta que a maioría son de Google, buscamos de cada unha a web na que se albergaba, o título, autor e, por suposto, a licenza. Colocamos estes datos e os comentarios do que queremos explicar en cada unha das diapositivas na parte de "Notas de orador" e así rematamos.

As notas están pensadas para que sexan lidas nuns 20 segundos, xa que se nos pide que a presentación esté nun formato Pecha-Kucha (20 diapositivas por 20 seg. cada unha)

Esperamos que sexa do voso agrado:





Aquí vos deixo tamén un enlace a esta misma presentación pero en Drive:
Presentación en Drive

domingo, 30 de diciembre de 2018

Adquisición de Hardware con fundamentos

Ola a todos!

Nesta nova entrada que fixemos entre Brais Gómez, Miguel Rodríguez, Álvaro Leira e mais eu, ímosvos falar do Hardware, do software e mais das redes que imos comprar-contratar para o noso negocio,”Pick and Roll”, e tamén xustificar por que o eliximos.

Tivemos que comprar 2 ordenadores: un de sobremesa, en un portátil. Tamén era necesario facerse cunha impresora, e, por último, e como non, cun smartphone intelixente.

Comezaremos cos ordenadores.

Os dous son da marca ASUS, unha marca mundialmente coñecida e que sen dúbida che dá moita confianza. Nun primeiro momento iamos coller o outro ASUS, o que é máis barato, pero traía instalado Linux, e aínda que tiña máis portos USB e unha gráfica mellor, presenta un procesador que é inferior e polo tanto a súa velocidade é menor. Ademais a gráfica non é algo que nos importe, xa que non a imos a necesitar. Este é un dos motivos polo que tampouco eliximos o MSI. Simplemente non precisamos un ordenador de gaming, porque sería tirar os cartos.

Para os portátiles, baseámonos no mesmo argumento: os que andan nos 1200€ son de gaming, e polo tanto non nos interesa. Isto lévanos a que elixamos entre o ASUS e o Xiaomi (non sabíamos que Xiaomi tivera PCs), e simplemente as características do ASUS son moito mellores, o procesador, o RAM, a memoria, aínda que si que é certo que a batería non é a mellor. É un portátil de devolución comercial pero cremos que ten total garantía.

No tema do Software que levan tanto os PCs coma o móbil facemos unha explicación máis detallada no pdf que poñemos abaixo.

No que se refire á impresora, sendo sinceros, ninguén dos catro, tíña moita idea, polo que tivemos que facer uso do sentido común. Nun negocio, a impresora cobra moita máis importancia que nunha casa, xa que sempre se anda con todo tipo de papeis, facturas e demais. O que pasa, é que no noso negocio non fai falta tantos papeis como nun bufete de avogados, ou nunhas oficinas, polo que decidimos comprar unha que sexa barata pero que cumpra, por iso eliximos a Kyocera M6530cdn.

E chegamos ao final, coa elección do smartphone, algo que para case todos é indispensablel. Aquí sempre se tende a pensar na moda e coller o que máis se leva, o Iphone, pero sendo realistas, e considerando as moi boas alternativas asiáticas, Apple é unha marca incrible, cando se fala de dispositivos móbiles. Tanto o seu potente procesador, coma o seu coñecido software, IOs, do que se fala no documento son dun nivel moi alto. E non fai faia comprar o mellor modelo como o XS Max ou o XR, porque mesmo o Iphone 6s, é un smartphone que é dun nivel altísimo, e non falla. E a isto hai que sumarlle que ten unha das mellores baterías do mercado.

Pois isto é todo o Hardware que eliximos. Volvemos remarcar que non vos fiedes das modas e do “postureo”. Comparar o que ides adquirir, é algo moi importante, xa que deixando a un lado o tema dos cartos, axuda a pensar coa cabeza, e ver cal ou que é realmente o que convén facer.

Esperamos que vos sirva!




miércoles, 26 de diciembre de 2018

Modelo de negocio

Ola a todos!

Nos últimos tempos está de moda crear unha empresa. Son moitos os que queren facer cartos montando un negocio propio, pero como facelo? Que pasos dar?

Os que o fan por primeira vez seguro que se deixan levar por aquelas actuacións que ven en primeiro lugar pero non se sentan a pensar a establecer un plan. E isto pode ter consecuencias desastrosas para o seu negocio. É dicir non se para a elaborar un modelo de negocio, un documento no que establecer as necesidades, os pasos, as etapas que o seu negocio necesita.

Deberá pensar tamén quen vai ser o seu cliente, que necesita, como pensar, isto é, elaborar un mapa de empatía.

Ao mesmo tempo é necesario diferenciar o seu negocio dos outros para evitar que a competencia acabe co seu proxecto. Necesita, entón, elaborar unha proposta de valor.

Nesta entrada vouvos falar sobre o modelo de negocio:

O modelo de negocio é un sistema de planificación que permite ensinar dunha forma gráfica o que a empresa pode ofrecer, as vantaxes que ten, a forma en que obterá os ingresos, as actividades clave que a empresa realizará, (a división en actividades centradas na organización e construción da empresa, diferenciándoas das actividades primarias encargadas da venda do produto), tendo en conta os asociados cos que se tratará a empresa (socios, patrocinadores, provedores do produto ...), os recursos dispoñibles para a empresa (persoal, maquinaria, recursos económicos, vendas locais ...) os custos da estrutura da empresa e as rutas de ingresos a través das cales a empresa obterá beneficios.

O modelo de negocio utilízase para saber a que tipo de clientes  quere enfocar a compañía. Por exemplo, no noso caso temos unha tenda de tenis de baloncesto, polo que debemos centrarnos nun tipo de cliente que practique este deporte, que son os que probablemente gasten máis cartos para satisfacer as súas necesidades.

O uso desta ferramenta (ao meu xuízo non profesional ou especializado en cuestións comerciais) é coñecer o tipo de cliente que chegará á súa tenda, o que se gastará cada vez que vén, o tratamento (descontos para os xogadores ou para persoas que sexan socios a través dun sistema de subscrición), as canles que usarán para dar a coñecer a marca a través das redes sociais. Entón iso, como dixen ao inicio de todo, pode servir como ferramenta de planificación. 

Este uso de planificación é importante porque moitas empresas solen fracasar polo feito de non ter realizado un previo análisis de planificación, polo que poden non saber con certeza en que tipos de cliente se pode centrar o seu método de publicidade. Aparte de que o  descoñecemento de como van a ser as túas vías de ingresos e o costo do que é a empresa pode provocar o fin da empresa.

Aquí vos deixo o noso modelo de negocio para montar unha tenda de baloncesto:





Creado por Marcelo Pizarro Miranda en base al trabajo de Alex Osterwalder  y a la inspiración de David Bland
Licenciado mediante Creative Commons Reconocimiento - Compartir Igual 3.0 Unported - MARCELO PIZARRO MIRANDA


Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
- Miguel Rodríguez, Desde el primer pitido
- Álvaro Leira, Varo Box
- Marco Ribadulla, The blog of the cars




Proposta de valor

Ola a todos!

Nos últimos tempos está de moda crear unha empresa. Son moitos os que queren facer cartos montando un negocio propio, pero como facelo? Que pasos dar?

Os que o fan por primeira vez seguro que se deixan levar por aquelas actuacións que ven en primeiro lugar pero non se sentan a pensar a establecer un plan. E isto pode ter consecuencias desastrosas para o seu negocio. É dicir non se para a elaborar un modelo de negocio, un documento no que establecer as necesidades, os pasos, as etapas que o seu negocio necesita.

Deberá pensar tamén quen vai ser o seu cliente, que necesita, como pensar, isto é, elaborar un mapa de empatía.

Ao mesmo tempo é necesario diferenciar o seu negocio dos outros para evitar que a competencia acabe co seu proxecto. Necesita, entón, elaborar unha proposta de valor.

Nesta entrada vouvos falar sobre a proposta de valor:

A proposta de valor é unha estratexia das moitas que se producen no ámbito empresarial para aumentar a demanda a través da configuración óptima da oferta. Isto faise tendo en conta o problema que o cliente quere resolver, que se espera do produto e que non lle gustaría que fose o produto. Tamén hai que ter en conta o que é o produto, que serie de problemas pode solucionarse e que se pode ofrecer separadamente destes problemas (descontos, envíos de pedidos...). 

O seu uso no mundo empresarial é importante en aspectos de publicidade nos que o cliente pode ver o que se mencionou anteriormente, polo que tamén serve para potenciar as vantaxes do produto contra a competencia e así facer un produto máis competitivo no mercado. É, por iso, que a proposta de valor é un punto central nos modelos de negocio. Tamén serve para facer acordos con outros emprendedores ou posibles novos socios que ao ver a proposta de valor capta a súa atención e poden estar interesados ​​no acordo que se pode tratar.

Ao ver estes aspectos nos que se usa, a proposta de valor reafírmase como unha parte importante a ter en conta na creación dunha empresa e no seu produto, polo que tamén é un pilar fundamental na parte de marketing. É unha ferramenta necesaria para que a xente entenda como é o produto e cales son os problemas que poden resolvelos se obtén tal servizo ou obxecto.

Aquí vos deixo a nosa proposta de valor:





Creado por Dario Herrera
Licenciado mediante CC BY 2.0


Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
- Miguel Rodríguez, Desde el primer pitido
- Álvaro Leira, Varo Box
- Marco Ribadulla, The blog of the cars



martes, 25 de diciembre de 2018

Mapa de empatía

Ola a todos!

Nos últimos tempos está de moda crear unha empresa. Son moitos os que queren facer cartos montando un negocio propio, pero como facelo? Que pasos dar?

Os que o fan por primeira vez seguro que se deixan levar por aquelas actuacións que ven en primeiro lugar pero non se sentan a pensar a establecer un plan. E isto pode ter consecuencias desastrosas para o seu negocio. É dicir non se para a elaborar un modelo de negocio, un documento no que establecer as necesidades, os pasos, as etapas que o seu negocio necesita.

Deberá pensar tamén quen vai ser o seu cliente, que necesita, como pensar, isto é, elaborar un mapa de empatía.

Ao mesmo tempo é necesario diferenciar o seu negocio dos outros para evitar que a competencia acabe co seu proxecto. Necesita, entón, elaborar unha proposta de valor.

Nesta entrada vouvos falar sobre o mapa de empatía.

É unha ferramenta que se volveu imprescindible á hora de diseñar un modelo de negocio. Foi desarrollada por XPLANE para facilitar o coñecemento do "cliente obxetivo" e ser capaces de comprendelo mellor.

O mapa de empatía constrúese a través de 5 pasos:

  1.  Segmentación: consiste en identificar e clasificar os clientes. Despois agrupalos polas súas características e polos beneficios comúns que poden traer ao negocio.
  2.  Selección: neste paso escóllese o cliente obxetivo de todos os posibles clientes.
  3.  Personalización: descrición do cliente obxetivo.
  4.  Empatización: planteamos cuestións en relación co negocio que nos poden levar ao noso tipo de cliente. 
  5.  Validación: finalmente validamos o noso perfil de cliente comprobándoo cun cliente real.





Creado por Marcelo Pizarro Miranda en base al trabajo de XPLANE y publicado en el libro Business Model Generation
Licenciado mediante Creative Commons Reconocimiento - Compartir Igual 3.0 Unported - MARCELO PIZARRO MIRANDA


Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
- Miguel Rodríguez, Desde el primer pitido
- Álvaro Leira, Varo Box
- Marco Ribadulla, The blog of the cars

sábado, 24 de noviembre de 2018

Gestor de Referencias


Ola a todos! 

Nesta tarefa o meu equipo (Miguel Rodríguez, Álvaro Leira e Marco Ribadulla) e máis eu creamos cun xestor de citas, referencias que nos permitan ser gardadas e almacenadas. Para isto necesitamos buscar un xestor de referencias adecuado e o noso profesor deunos dous a escoller.

Primeiro escollimos Zotero porque parecía máis organizado que o Generador Automático de Citas, instalámolo todos os membros do grupo e empezamos a traballar en grupo. Pero percatámonos rapidamente de que era moi lioso e non se entendía ben como traballar co programa. Así que decidimos cambiar o xestor e probar o Xerador Automático de Citas e indagar nel. Foinos fácil utilizalo pero cando rematabas de crear a referencia non podías gardalo en ningunha parte e isto non nos parecía moi útil para o noso traballo. Finalmente regresamos a Zotero e tras unhas intensas horas conseguimos rematar o traballo.

Zotero é un programa que crea automaticamente citas sen necesidade de ir buscando todas as referencias, cousa que por experiencia é moi cansina. Ahora vouvos pasar a mostrar como se utiliza. Para empezar non tes nin que instalalo se non queres, solo tes que rexistrarte e crear unha conta en Zotero. Cando estas dentro do programa se queres traballar en grupo mándaslle aos teus compañeiros unha invitación para colaborar contigo. Unha vez todo o teu equipo está no grupo colledes as referencias que queredes meter en Zotero e a introducides. Facedes así con todas as citas e o traballo xa estaría rematado.














A min esta ferramenta non me convence moito porque non é fácil de utilizar, pero é a miña opinión e estou de acordo en que con máis tempo seguramente a aprendese a utilizar con maior facilidade. Á hora de traballos de equipo está ben porque é moi simple crear un grupo de traballo.






Título: Zotero
Autor: Screenshot of the Zotero desktop application
Aloxamento: Zotero imaxes
Licencia: CC-BY



Aquí vos deixo un vídeo para complementar a miña información sobre Zotero e que o aprendades a utilizar:






Blogs que me serviron de referencia:
 - Simón Corbelle
 - Lara Fraga





sábado, 17 de noviembre de 2018

Infografía guía de estilo

Ola a todos!

Hoxe tráiovos ao meu blog unha infografía que pretende establecer unha guía de estilo na que se establezan as normas que debemos seguir para que a comunicación sexa realmente eficaz. En xeral, unha guía de estilo consiste nun conxunto de criterios preestablecidos para o deseño ou a redacción de documentos e a súa edición en páxinas web.

O primeiro que fixemos foi buscar información sobre as normas de comunicación, xa que o noso profesor nos mandou facer unha infografía sobre elas. Na infografía o que fixemos foi poñer algunhas normas das máis importantes e logo resumilas en poucas palabras para sintetizar a presentación e que fose moi visual. As normas de comunicación son importantes para poder entendérmonos con facilidade e rapidez. Se non as usamos, vai ser complicado que a persoa que nos escoita ou le (se é por internet) poda comprender o que lle transmitimos.

Para poder facer unha infografía escollimos Visme e Genially. Non tardamos moito tempo en decidir porque en seguida nos decantamos por Genially dado que xa temos feito traballos o ano pasado con ese programa. Genially é moi bo porque podes facer moitas cousas con el, e unhas das opcións é facer infografías. Para min o detalle máis sorprendente é que non te tes que estar pelexando con vídeos titoriais para embeber o teu traballo no blog porque é moi fácil facelo. De todas maneiras vouvos deixar un vídeo para que se queredes facer un traballo en Genially saibades como embebelo nun blog.




Este traballo está feito cos meus compañeiros de clase:
 - Miguel Rodríguez,
 - Álvaro Leira
 - Marco Ribadulla

Blogs que me serviron de referencia:
 - Simón Corbelle
 - Daniel Valcárcel